domohomo nace no 2011, en Santiago de Compostela, da man de Elena López e Xulio Turnes, ámbolos dous arquitectos, licenciados en 2005 pola Escola de Arquitectura da Coruña.
Elena empezou a súa carreira profesional colaborando con estudios de arquitectura, e logo, como arquitecta nunha empresa construtora de ámbito nacional. Esta experiencia lle permitiu coñecer outro punto de vista do proceso construtivo, e entender a importancia da colaboración entre arquitecto e construtor, como parte fundamental do resultado final dunha obra.
A Xulio pérdelle a madeira. Probablemente, porque medrou vendo ó seu pai traballar este material, carpinteiro-ebanista de oficio. Para ampliar a súa formación en materiais e técnicas tradicionais cursou o Máster en renovación urbana e rehabilitación pola Universidade de Santiago de Compostela, coñecementos que aplicou ós proxectos desenvoltos en CosmoArquitectura entre 2006 y 2011.
domohomo é a combinación de Elena e Xulio, das súas experiencias vitais e profesionais, dando como resultado unha maneira de traballar que foi recoñecida con numerosos premios, que avalan a confianza que os nosos clientes depositan en nós.
Converter en realidade a ilusión dunha idea é un camiño longo e complexo. domohomo aporta a visión de conxunto necesaria nun proceso que depende de moitos factores, ideas, normativa, ilusións, entorno, orzamento, materiais, prazos, formas de habitar e relacionarse, vida. A túa vida. Non nos esquecemos de que é o teu proxecto. Ti fas o camiño e nós te acompañamos, paso a paso.
Web: www.domohomo.es
e-mail: info@domohomo.es
Tel: 881 81 93 75
Horario: 9:00-14:00/ 16:00-19:00
Dirección: Avda. de Vilagarcía 38, bajo 15706 Santiago de Compostela