Historia

rua-sanchez-freire

Barrio histórico compostelán

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no Concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, Galicia (España). Ata 1925, ano no que foi anexionado por Santiago, foi municipio independente.

A parroquia repártese nos seguintes lugares: Conxo de Abaixo, Conxo de Arriba, Cornes, A Curuxeira, A Fervenza, Monte do Seixo, A Nogueira, Pai da Cana, Ponte da Rocha, Ponte Pereda, Porto, Poza Real, Rial , Rocha Vella, Torrente e Volta do Castro.

rúa sanchez freire

Xa dende a preshitoria esta zona estivo poboada, como indican os indicios atopados no denominado Castriño de Conxo. Pero é sobre o século X cando se asenta como núcleo poboacional, concentrando a súa actividade ó redor do mosteiro. Data da época de Xelmírez, da que só se conservan dous arcos románicos do claustro nos que se pode ler un inscrición fundacional de 1129, é de planta cuadrangular con muros de cadeirado de granito, aínda que a súa fachada actual é do s. XVIII. A construción da igrexa prolóngase entre 1693 e 1737. Posúe planta de cruz latina, cruceiro, capelas laterais con tribuna, cubertas de bóveda de canón e cúpula de medios laranxa con corpo cadrado ao exterior e tellado un catro Augas.

O Castelo da Rocha Forte, tamén coñecido como castelo dos Churruchaos, é un dos castelos medievais máis emblemáticos da mitra compostelá, e no que se constata un período de ocupación entre o ano 1240 ata 1467, ano no que foi destruído polos irmandiños na coñecida como Gran Guerra Irmandiña. Foi o Escenario de destacados feitos da historia de Compostela e, ata a súa destrución, foi símbolo do poder señorial do arcebispo de Santiago e da opresión exercida sobre os habitantes das terras pertencentes ó señorío.

antiga estacion de cornes 1909

O século XIX foi, sen dúbida, a época recente máis revulsiva constituíuse en 1835 como concello independente comprendendo as parroquias de Conxo, Laraño, Villestro, Figueiras, O Eixo, Aríns, Bando, e ata Marrozos, ata 1925, momento no que é anexionado ó Concello de Santiago de Compostela. En 1837 nace en Cornes a escritora Rosalía de Castro.

Un acto importante na historia de Conxo é o chamado Banquete de Conxo, que tivo lugar o 2 de marzo de 1856 acto de confraternización entre obreiros, artesáns e estudantes no que estes últimos, dunha clase social máis elevada, serven ós obreiros e artesáns como camareiros, como símbolo de respecto e igualdade. O banquete constituíu un xesto de índole socialista, o cal suscitou o enfado dos sectores máis poderosos de Santiago de Compostela. Funcionou coma un atentado contra o esquema tradicional social preconcibido, de modo que estudantes, a maioría de clases podentes, e artesáns compartiron pan e mesa. Ó banquete, asistiron personalidades da talla de Aurelio Aguirre, quen pronunciou un discurso e de Eduardo Pondal, quen recitou uns versos en castelán da súa autoría. Especúlase tamén coa asistencia de Rosalía de Castro.

palco de música actual centro sociocultural

Sábese que O Banquete de Conxo se converteu nun acontecemento de gran importancia simbólica e real, dentro da historia de Galicia, transformándose do unha parte significativa da memoria colectiva galega.

Outro acontecemento que marcou o barrio máis alá das súas fronteiras foi en 1873 coa saída da estación de Cornes,  do primeiro ferrocarril de Galicia, con destino a Carril. Construíuse así a estación de Santiago-Cornes inaugurada o 15 de setembro de 1873 por parte da The West Galicia Railway Company Empresa Británica que acadara a concesión da liña en 1866. O 14 de abril de 1943, coa apertura da Liña Férrea A Coruña-Santiago de Compostela, cerrou A estación de Cornes, sendo rehabilitada recentemente como Casa das Asociacións.

sanatorio de conxo