espertaConxo, da man do Excmo. Concello de Santiago de Compostela propón levar a cabo unhas accións artísticas sobre todos aqueles baixos do eixo viario avda. de Vilagarcía, García Prieto, Sánchez Freire e rúas adxacentes, que se atopen nun estado orixinal de obra (en ladrillo) ou que tan só están recebados.

Con esta actuación preténdese fundamentalmente cumprir dous obxectivos. Por unha banda, mellorar a aparencia estética do barrio e evitar unha imaxe de abandono de todos aqueles locais sen acondicionar. E dous, interesa que esas accións artísticas se convertan nun catalizador do barrio e nun motivo máis polo cal acudir á zona, xa non só para os veciños composteláns, senón para o público da comarca ou mesmo da provincia.

Concretamente, a idea é facer unha representación, con técnica libre, sobre eses lenzos de ladrillo, dalgún comercio que non atopemos no barrio, por exemplo, unha xoiaría, unha zapatería ou unha tenda de xoguetes. É dicir, máis alá da calidade representativa, o que se persigue é poñer de releve as posibilidades do barrio para acoller diferentes actividades comerciais ou emprendedoras. Evidenciar que neses baixos en desuso hai cabida para diversos negocios.

01_xoiaría

02_zapateria

03_xoguetería